LICENZA COMPETICIÓN

A Licenza de Competición é un seguro de accidente deportivo dirixido a tódalas persoas que practiquen algunha das modalidades deportivas contempladas dentro da F.G.D.I.
É importante ter un seguro á hora de facer calquera deporte de risco.

Na F.G.D.I. temos dous tipos de tarxetas con vixencia anual (dende o momento de tramitala ata o 31 de maio seguinte):

Licenza Competición Autonómica
Licenza Competición Nacional

As licenzas téñense que tramitar a través de un club. A Asemblea da FGDI aproba anualmente a cota que teñen que pagar os clubs para poder tramitar licenzas. Na última Asemblea se acordó que a cota de club para a tempada 2022/23 sexa de 100 € (que será de 200 € para os clubs de nova creación e para os clubs que non renovaron na tempada anterior).

Prezos
Coberturas
Protocolos
Tramitación

Normativa de licenzas da FGDI [ver]