Subvencións Secretaría Xeral Deporte a Clubs Deportivos 2013

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ven de convocar a concesión de Axudas Económicas a Clubs, Sociedades Anónimas Deportivas e Agrupacións Deportivas Escolares para subvencionar gastos do ano 2013.

A data límite de presentación de solicitudes é o 15 de maio.

Máis información e modelos: [ver]

Lémbrase que como se establece no artigo 2 da convocatoria, para ser beneficiario destas axudas, as entidades solicitantes deberán ter adaptados os seus estatutos en base á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, tendo como prazo límite o momento da xustificación da subvención concedida.