A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ven de convocar a concesión de Axudas Económicas a Clubs, Sociedades Anónimas Deportivas e Agrupacións Deportivas Escolares para subvencionar actividades deportivas do ano 2014.
A data límite de presentación de solicitudes é o 19 de febreiro.
Máis información e modelos: [ver]
Lémbrase que como se establece no artigo 2 da convocatoria, para ser beneficiario destas axudas, as entidades solicitantes deberán ter adaptados os seus estatutos en base á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, tendo como prazo límite o momento da xustificación da subvención concedida.