Normas Equipo Competición

As Normas do Equipo de Promesas e Competición da F.G.D.I. son:

  1. Os adestramentos serán os fins de semana e festivos, sempre que as condicións o permitan, confirmando este punto mediante chamada o xoves anterior.
  2. Ós adestramentos acódese coa uniformidade oficial do equipo.
  3. Os pais dos rapaces comprométense a dar facilidades para a participación nas competicións que a Federación estime oportunas.
  4. Os compoñentes terán a Tarxeta de Federado e a Licenza de Corredor.
  5. A Dirección Técnica do equipo resérvase o dereito de incluir ou excluir no equipo a aqueles compoñentes que considere oportuno.
  6. Calquera dúbida, aclaración ou reclamación será presentada a través do clube ó que pertenza o corredor, ou ben nas reunións cós pais.
  7. A Dirección Técnica dos Equipos está a cargo de D. Camilo López Anglada.
  8. O horario de adestramentos será de 9:30 a 13:30, podendo ser modificado a criterio da Dirección Técnica.
  9. A falta de Asistencia o Puntualidade ós adestramentos, sen xustificación, suporá a separación do Equipo.
  10. Ó final da tempada o responsable dos Equipos confeccionará a relación de componentes da próxima tempada.