Equipo Competición F.G.D.I.

promesas

O Equipo de Promesas e Competición da F.G.D.I. créase nos anos 90 coa intención de formar un grupo de nenos e nenas de categoría Infantil ou inferior que xa teñan algo de nivel de esquí, para aprenderlles as técnicas e normas de esquí competición, e que podan asistir a competicións nacionais e campionatos de España.

A idea principal é facer adestramentos os fins de semana na Estación de Montaña de Manzaneda, utilizando os recursos da estación e da FGDI, para que os nenos e nenas aprendan a técnica de competición das diferentes modalidades que se poden atopar nos campionatos.
Os fins de semana con competicións nacionais, a Dirección Técnica pode decidir asistir a ditas competicións (sempre que parte técnica e económica sexa viable) cos deportistas que estimen oportunos.

Asimesmo, a Dirección Técnica ten a facultade de incluir ou excluir os nenos que considere necesarios para o bo desenvolvemento dos adestramentos e do equipo.

Todo este proxecto non sería viable sen a colaboración dos clubs, que son os que teñen o contacto cos deportistas, e os que nos seus comezos ensinan a técnica base desde deporte os rapaces.

Dirección Técnica e Adestradores [ver]

Compoñentes

Normas do Equipo [ver]

promesas2