Neste apartado poderás consultar o calendario de probas da FGDI e tamén o calendario da RFEDI.
COMPETICIÓNS F.G.D.I.
Segundo acordo da Asemblea, as competicións organizadas pola FGDI que non estén incluídas no Calendario da RFEDI terán as seguintes cota de inscrición:
- Probas de categoría Infantil e Alevín: GRATUITAS
- Probas de categoría Xuvenil, Absoluta e Veterán: 20 € por corredor
A Xunta Directiva da FGDI ten a potestade de reducir a cota de inscripción para as probas que considere, se o estima oportuno.
Formulario de inscrición a Campionatos Galegos [descargar]
COMPETICIÓNS R.F.E.D.I. / F.I.S.
Segundo acordo da Comisión Delegada, as competicións de calendario RFEDI terán as seguintes cotas de inscrición:
- Campionatos e Copas de España Alpino en tódalas categorías: 20 €
- Campionatos de España de Fondo, Snowboard e Freestyle: 15 €
- Copa de España de Fondo: 10 €
- Resto modalidades: Gratis
- Probas de calendario organizadas polas federacións territoriais: máximo 25 €
Ademais, a inscripción a este tipo de probas, ten que facerse a través da Extranet da RFEDI, según o procedemento:
- O club accederá có seu usuario e inscribirá os corredores á proba.
- A FGDI validará a inscrición, ou non, segundo os cupos asignados.
- O club abonará o importe da inscrición, segundo o número de deportistas inscritos.