Funcións dos Órganos de Goberno

ASEMBLEA XERAL

Presidente: 1
Entidades deportivas: 6
Deportistas: 3
Técnicos: 1
Xuíces: 1
TOTAL: 12

Ningún deles é remunerado.

Composición Asemblea [ver]

Competencias:

Correspondente á Asemblea Xeral, que se reunirá unha vez o ano en sesión plenaria e ordinaria, con carácter necesario:

  • A aprobación do presuposto anual e a súa liquidación.
  • A aprobación do calendario deportivo.
  • A aprobación e modificación dos seus Estatutos.

Correspóndelle, así mesmo, as demais competencias que se conteñen nos presentes Estatutos ou aquelas que se lles outorguen regulamentariamente.


COMISIÓN DELEGADA

Presidente: 1
Entidades deportivas: 2
Deportistas: 1
Técnicos: 1
Xuíces: 1
TOTAL: 6

Ningún deles é remunerado.

Composición da Comisión Delegada [ver]

Competencias:

A Comisión Delegada, dentro dos seus propios límites e criterios establecidos pola propia Asemblea Xeral, lle corresponderá:

  • A modificación do calendario deportivo.
  • A modificación dos presupostos.
  • A modificación e aprobación de dos regulamentos.
  • O seguimento da xestión  deportiva e económica da F.G.D.I.

As propostas sobre estes temas corresponden exclusivamente ó Presidente da F.G.D.I. ou a dous tercios dos membros da Comisión Delegada.


PRESIDENTE

D. MIGUEL BARRETO LORENZO

Non remunerado

Competencias:

O Presidente da F.G.D.I. é o órgano executivo da mesma e ostenta a súa representación legal. O Presidente da F.G.D.I. ostenta a dirección económica, administrativa e deportiva da F.G.D.I., de acordo co previsto nestes Estatutos.


XUNTA DIRECTIVA

Vicepresidente: CAMILO LÓPEZ ANGLADA
Tesourera: YOLANDA PAVÓN LLAMAS
Vocal Alpino: CAMILO LÓPEZ ANGLADA
Vocal Mushing: ROBERTO SALVADO TEJEDOR
Vocal Competicións: ANGEL LÓPEZ-MOTESINOS VÁZQUEZ
Vocal Formación: SABINO SENRA ABADÍN
Vocal Asesoría Xurídica: ANDRÉS YLLA GARCÍA-GERMÁN
Vocal Medios Comunicación: EMILIO MANSO FERNÁNDEZ

Ningún deles é remunerado.

Composición da Xunta Directiva [ver]

Competencias:

A Xunta Directiva da F.G.D.I. é o órgano colexiado de xestión, sendo os seus membros designados e revocados libremente polo Presidente da Federación.


O SECRETARIO

D. ANGEL LÓPEZ-MONTESINOS VÁZQUEZ

Non remunerado

Competencias:

O Presidente da F.G.D.I. nomeará un secretario, que exercerá as funcións de federatario e asesor, e máis específicamente:

  • Erguer actas das sesións dos órganos colexiados da Federación
  • Expedir as certificacións oportunas dos actos de goberno e representación

Así mesmo, erguerá acta de tódolos acordos dos órganos colexiados da Federación, reflexando de xeito subscrito os temas tratados e as demais circunstancias que considere oportunas, así como o resultado das votacións.