Funcións da FGDI

FUNCIÓNS PROPIAS

  1. A FGDI ten como función propia fundamental a de promover, facilitar, planificar, administrar e dirixir, con carácter exclusivo, a práctica dos deportes de inverno na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. A FGDI desempeña, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control, coordinación e supervisión que lle recoñecen os presentes Estatutos, as disposicións da RFEDI, da FIS e as normas legais de carácter deportivo.
  3. A FGDI é a única competente, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, para regulamentar, organizar, xestionar e controlar as competicións oficiais das disciplinas dos Deportes de Inverno.
  4. Calificar e organizar, no seu caso, as actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico.
  5. Actuar en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte para a promoción xeral das súas modalidades deportivas en todo o territorio galego.
  6. Colaborar coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de sustancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.
  7. Organizar ou tutelar as competicións oficiais de carácter internacional que se celebren no territorio galego.
  8. Exercer a potestade disciplinaria deportiva, nos termos establecidos na Lei do Deporte, as súas disposicións de desenvolvemento e estes Estatutos.

FUNCIÓNS PÚBLICAS DELEGADAS

A FGDI ademais das súas competencias propias de goberno, administración, xestión, organización e regulamentación dos deportes de inverno, exerce en réxime de exclusividade, as seguintes funcións públicas delegadas:

  1. Promoción xeral dos deportes de inverno en todo o territorio da Comunidade Autónoma.
  2. Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, consonte a normativa que lle sexa aplicable.
  3. Exercer o control das Subvencións que asignen ás Asociacións e Entidades Deportivas, nas que fixe o Consello Superior de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte.
  4. Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
  5. Expedir licenzas deportivas para a práctica dos deportes de inverno nos termos establecidos na Lei.
  6. Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.
  7. Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, no control e na represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, consonte o establecido no título VIII desta lei.