Estructura Organizativa

Segundo a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia:

O Presidente da F.G.D.I. é o órgano executivo da mesma e ostenta a súa representación legal. O Presidente da F.G.D.I. ostenta a dirección económica, administrativa e deportiva da F.G.D.I., de acordo co previsto nestes Estatutos. O seu nomeamento realizarase cada catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de Inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto, polos membros da Asemblea, sen que teña que ser membro desta.

A súa elección estará suxeita ó correspondente Regulamento Electoral, sometido á Secretaría Xeral para o Deporte.

O Presidente da F.G.D.I. convoca e preside os órganos de goberno e representación, e executa os acordos dos mesmos.

En especial, corresponde ó Presidente da F.G.D.I., designar e revocar libremente ós membros da Xunta Directiva, dando conta de dichos nomeamentos na primeira Asemblea.

O Presidente da Federación o será tamén da Asemblea Xeral, da Comisión Delegada e da Xunta Directiva, con voto de calidade en caso de empate na adopción de acordos da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada.

A Asemblea Xeral da FGDI na súa reunión do 20 de novembro de 2014 elixiu como Presidente a D. Miguel Barreto Lorenzo [curriculum]

Organigrama FGDI [ver]